Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXAO Vicedo

O campo de Boavista, no Vicedo, acollerá o V Torneo de Veteráns e o II Marathon F7

Por 15 Xuño, 2022Xullo 17th, 2022Sin comentarios

Os días 16 e 17 de xullo o campo de Boavista, no Vicedo, acollerá o V Torneo de Veteráns e o II Marathon F7.

No V Torneo de Veteráns poderán anotarse maiores de 35 anos e contará con tres fichas libres para maiores de 30. Na competición participarán diferentes equipos da provincia, que loitarán por levar unha parte dos 800 puntos que entregará o comité organizador aos mellores. O vencedor levará 400 euros e o segundo 200. Tanto o terceiro como o cuarto recibirán 100 cada un.

Ademais, estes catro equipos recibirán un trofeo, xunto ao máximo goleador do torneo, ao mellor porteiro e ao equipo máis deportivo. A cuota de participación é de 120 euros e inclúe o seguro de accidente.

Por outra banda, tamén se xogará o II Marathon F7 no que tamén haberá premios e trofeos para os catro primeiros clasificados, aínda que dependerán do número de equipos inscritos. Tamén contarán con trofeos para o máximo goleador e o mellor porteiro. A cuota de participación é de 150 euros e inclúe o seguro de accidente.

Os partidos do sábado comezarán ás 9 horas e xogaranse ata a noite, mentres que o domingo iniciaranse á mesma hora e terminarán ás 20.30 horas coas disputas das finais.