Skip to main content
Alfoz

O mago Pedro Bugarín estará en Alfoz

Por 23 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

O mago Pedro Bugarín presenta o seu espectáculo Galicia ilusiona coa maxia no Concello de Alfoz o vindeiro sábado 25 de xuño.

Os asistentes terán a oportunidade de desfrutar co mago que presenta a súa maxia para todos os públicos e que forma parte do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

Será no salón de actos da casa da cultura ás 20.30 horas.