Skip to main content
Barreiros

Inaugurada en Barreiros a mostra Unha nación, unha selección

Por 21 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

Inaugurouse a exposición Unha nación, unha selección organizada pola plataforma social Vía Galega e que conta  coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación. A través da mesma perséguese o obxectivo de facer efectivo o dereito a formar seleccións galegas en todos os deportes para competir a todos os niveis, galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.

A exposición consta de 30 paneis a xeito de testemuña fotográfica que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, onde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico. Percorreu xa os concellos de Viveiro, Foz e Ribadeo e estará tamén no Valadouro.

Asistiron á presentación a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o representante de Vía Galega Anxo Martínez, a Deputada de Mocidade, Mónica Freire Rancaño; o concelleiro de Dinamización Social, Daniel García, e membros do equipo de goberno e representantes de clubes.

Proposición non de Lei

Desde Vía Galega levan adiante tamén unha recollida de sinaturas para avalar unha Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza  a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas, porque Galiza é unha potencia deportiva que brilla con luz propia, sendo referente mundial en moitos deportes  e conta con deportistas e medallistas olímpicos e olímpicas, campións e campioas europeas a nivel mundial.