Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

O auditorio de Cabanela de Ribadeo acollerá un concerto de TéCanela

Por 27 Xuño, 2022Xullo 23rd, 2022Sin comentarios

O auditorio de Cabanela no Concello de Ribadeo acollerá o vindeiro 23 de xullo un concerto de TéCanela, un proxecto formado por Ariadna Rubio e Jano Fernández.

Este espectáculo que será ás 21.30 horas poderíase definir como canción de autor combinando estilos como a rumba, o pop e o flamenco con altas doses de humor e a ironía máis afiada.

O dúo materializou a súa traxectoria musical co seu primeiro traballo Las caras del hilo, que levaron adiante grazas a unha exitosa campaña de crowfunding.

Contan con influencias domo Rozalén, El Niño de la Hipoteca o Antílopez, as súas cancións contan con colaboracións de músicos como Tomasito.