Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

Cervo volverá acoller o campus de baloncesto EntreNos

Por 22 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo volverá acoller o campus de baloncesto EntreNos, entre o 26 de xuño e o 2 de xullo. O pavillón da Veiga, que é o escenario no que se desenvolverá a actividade deportiva, acolleu a presentación da IV edición, da man do rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e o director e o responsable de comunicación do campus, Nacho Mota e Pablo Ojea, respectivamente.

O Campus, en réxime interno, está dirixido ás crianzas nadas entre o ano 2005 e o 2010 (ambos incluídos).

O equipo técnico estará formado por Cristino Menor, Nacho Mota, Zaida Iglesias , Merche, Javier Cal, Gonzalo Faya e Juan Carlos Paz.

Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket, que impartirán unha sesión de táctica en equipo que logo se poñerá a proba na tarde de competición.

O rexedor, Alfonso Villares, aplaudiu o “enorme esforzo realizado polos integrantes da asociación deportiva e cultural EntreNós, que organiza o evento, para sacar adiante esta nova edición nun contexto post-pandemia no que existe unha gran oferta lúdica-deportiva para a mocidade concentrada nos meses de verán”. Polo que ten moito mérito –engadiu- “conseguir congregar a medio cento de nenos e nenas, grazas á paixón polo basket que conseguen contaxiar tanto o corpo técnico como os integrantes da asociación. De feito –subliñou- máis da metade dos participantes inscritos repiten experiencia “o que demostra o gran nivel do Campus”.

Desde o Concello, tal e como precisou pola súa banda o edil de Deportes “poñemos á súa disposición todas as instalacións municipais e o apoio loxístico necesario para contribuír a que o campus EntreNos volva ser unha experiencia única para a mocidade participante”.

O campus, loxicamente, xirará en torno ao baloncesto, pero tamén se programarán actividades complementarias para que os participantes poidan coñecer as múltiples posibilidades que ofrece o Concello de Cervo, tanto desde o punto de vista cultural como deportivo; programando diferentes saídas que enriquecerán aínda máis a experiencia.