Skip to main content
Alfoz

Os días 2 e 3 de xullo celébranse na parroquia de Mor, en Alfoz, as Festas do San Pedro

Por 28 Xuño, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

Os días 2 e 3 de xullo celébranse na parroquia de Mor, no concello de Alfoz, as Festas do San Pedro que contarán con música e oficios relixiosos.

O sábado día 2 haberá misa solemne ás 13.00 horas e procesión. De seguido terá lugar a sesión vermú e festa verbena amenizadas coa música de Los Supremos, quen será o encargado de amenizar a verbena da noite xunto con Xilo e Carlos.

O domingo, día 3, ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne, e de seguido a sesión vermú co Dúo Epo-K.