Skip to main content
Axenda CaducadaBecerreá

Tucende, en Becerreá, celebra as súas festas

Por 26 Xuño, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Tucende, no municipio de Becerreá, celebra o 2 de xullo as súass festas patronais. Así, o vindeiro sábado dende as 13.30 iniciarase a celebración con misa solemne e procesión ás que seguirá a sesión vermú a cargo de Adolfo Valiño.

A comida e a cea será no campo da festa e para participar delas haberá que reservar no teléfono 633 760 278 (Carlos).

Á noite será a quenda da verbena co Trio Banarama e Adolfo Valiño que musicará, tamén, a noite.