Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Volve un ano máis a feira burelesa Produart

Por 29 Xuño, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

A nova edición da feira dos produtos artesanais e ecolóxicos Produart arrincará en Burela os días 5, 6 e 7 de agosto na nave de redes do peirao burelés con entrada gratuíta, de 17.30 a 22.00 horas e de 11.00 a 21.00 o sábado e o domingo.

Grazas á Fundación Expomar, os asistentes acodirán a obradoiros e conferencias así como terán acceso a actividades infantís.

Polo momento non está definido o programa para esta edición pero manterá unha liña parecida aos anteriores anos, unha disertación sobre o patrimonio da costa lucense, demostracións e obradoiros en directos.

Produart é unha plataforma de exposición comercial-feiral que tenta poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos da comarca, e doutras lindeiras, así como doutros puntos do estado español, desde a óptica da sustentabilidade e da conservación do medio.

Como feira de produtos ecolóxicos e artesanais, Produart é o fiel reflexo dos valores da sustentabilidade dos recursos pesqueiros, tradición artesanal e patrimonio cultural. Así, desde esta plataforma búscase o desenvolvemento dos sectores relacionados con outra forma de produción non agresiva: a ecolóxica e a artesanal.

Dende a organización buscan promover entre os visitantes as ideas de sustentabilidade e de respecto á contorna, servindo ademais como reclamo da actividade turística da zona, que busca a calidade e apostar por estas maneiras de vida.

Asemade, Burela dedica a súa principal festa ao bonito desde hai 35 anos: a Feira do Bonito. A variedade de actividades que o integran teñen como principais obxectivos a reivindicación da historia mariñeira da vila e tamén da súa cultura e a súa gastronomía.

Está organizada desde o seus inicios pola Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, coa colaboración do Concello de Burela, e celébrase anualmente durante a primeira fin de semana de agosto. En cada edición, hai entretemento e actuacións musicais con mostras dos artistas galegos mais relevantes.

Paralelo á Feira transcorre Amarte, Certame Internacional de Pintura Mural. Durante catro días, dez pintores plasman no muro portuario os seus lenzos xigantes baixo a mesma temática: o Mar.