Skip to main content
Monterroso

Monterroso abre o prazo de inscrición para as actividades de verán

Por 4 Xuño, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso abrirá o vindeiro luns, 6  de xuño, o prazo para inscribirse nas actividades de verán para nenos de 3 a 17 anos.

Así, os participantes que se inscriban se dividirán en catro grupos según a súa idade. De 3 a 6 anos terán actividades na ocioteca municipal, de 6 a 11 anos terán campamento urbano, de 12 a a 17 gozarán do programa xuvenil culturesciencia e, por último, todas as idades terán actividades de natación.

Para máis información e inscricións no espazo cultural Lorenzo Varela, de luns a venres no horario do centro. Ademais, dende o luns 6 de xuño poderase pedir información no enderezo electrónico: matriculas.escolas.municipais@gmail.com ou no teléfono 982 377 814.