Skip to main content
Axenda Caducada

Volve a Lugo o Ciclo Experimenta do 21 ao 23 de xullo

Por 30 Xuño, 2022Xullo 23rd, 2022Sin comentarios

O Pazo de San Marcos acolleu hoxe a presentación da terceira edición do Ciclo Experimenta. O programa de concertos en distintos espazos da cidade de Lugo que conxuga a música en directo coa poesía e as artes do movemento se desenvolverá do 21 ao 23 de xullo.

A programación, promovida por Tele Clube coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúe actuacións de The Partisan Seed, L-R e ZA!.

Na presentación, Chus Rodríguez, de Tele Clube sinalou “con esta terceira edición podemos presumir de consagrar un ciclo experimental no que as músicas e os lugares van da man para darnos unha volta pola cidade, e pola mente, menos coñecida; percorrendo a través de sons ubicacións polas que pasamos de camiño a outros espazos” e que “aposta pola conxugación do amor polas linguas -co catalán, o portugués e o asturianu- , a poesía e a mixtura da música folclórica e máis tradicional con propostas innovadoras e rupturistas”.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, destacou a “achega que Tele-Clube fai con esta programación a axenda cultural da cidade e da provincia, cun ciclo de concertos que nos permite escoitar creadoras e creadores de toda a Península, amosando a diversidade lingüística e cultural da que somos parte” e sinalou que se trata dunha proposta aliñada cun dos obxectivos que nos marcamos desde a área de Cultura, que é promover o uso cultural e social dos espazos públicos xestionados pola Deputación”.

Nese senso, valorou “o emprazamento dun dos concerto en Reque, un espazo que estamos a recuperar e abrir á cidadanía desde o Centro de Artesanía e Deseño”.