Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Oito concellos reciben unha axuda para a mellora dos polígonos e a creación de viveiros

Por 12 Xuño, 2022Sin comentarios

No caso concreto da provincia de Lugo, construiranse novos viveiros en tres concellos cunha mobilización de case 1M€: Bóveda, Cospeito e Baleira. Os concellos lugueses beneficiados coas axudas para parques empresariais, que suman na provincia un investimento mobilizado de case 630.000 euros, son: Cospeito, Sarria, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Cervo e Xove.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, avanzou que a Xunta de Galicia vai mobilizar 1,6M€ en oito concellos da provincia de Lugo para que poidan mellorar as infraestruturas e servizos dos seus polígonos empresariais e implantar viveiros industriais.

No caso concreto da provincia de Lugo, construiranse novos viveiros en tres concellos cunha mobilización de case 1M€ de investimento público-privado: Bóveda, Cospeito (que tamén recibe axudas para a mellora do parque empresarial) e Baleira. Por outra banda, son seis os concellos lugueses beneficiados con axudas para a mellora de infraestruturas nos polígonos industriais, que suman na provincia un investimento público-privado mobilizado de case 630.000 euros. Ademais de Cospeito, son: Sarria, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Cervo e Xove.

Conde apuntou que estas dúas liñas de apoio están pensadas para fortalecer o tecido empresarial dos concellos galegos desde o punto de vista da competitividade e as infraestruturas. Son apoios, abondou, que, ademais de favorecer a creación de novas empresas a través dos viveiros, buscan ser unha chamada a novos investimentos.

Aacompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, Conde visitou no parque empresarial de Bóveda a parcela onde se instalará o futuro viveiro industrial —que albergará despachos, zonas de servizo e un taller de formación— cun investimento público-privado de 300.000 euros. Trátase dunha actuación que se enmarca na liña de apoios que a Xunta destina este ano aos concellos galegos para mellorar o equipamento dos seus polígonos industriais e para implantar viveiros de empresas. En total, son 4,75M€ de orzamento que van mobilizar 6,6M€ e van beneficiar 43 municipios de toda Galicia.