Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A UNED de Lugo estivo presente na reunión de centros celebrada en Mallorca

Por 24 Xuño, 2022Sin comentarios

A directora da UNED de Lugo, Ana Traseira, asistiu á reunión de directores de centros asociados da UNED celebrada en Palma de Mallorca.

Unha cita clásica anual que ten como obxectivo principal abordar os desafíos da UNED de cara ao próximo curso, no que a universidade celebra o seu 50 aniversario.

Nesta ocasión, o reitor Ricardo Mairal Usón, foi acompañado pola práctica totalidade dos seus vicerreitores, entre eles: Rosa Mª Martín Aranda, vicerreitora de Investigación do Coñecemento e Divulgación Científica; Rocío Muñoz Mansilla, vicerreitora de Medios e Tecnoloxía; Alberto Mingo, vicerreitor de Estudantes e Emprendimiento e Jesús de Andrés Sanz, vicerreitor de Centros.

Tras unha recepción oficial polas Autoridades locais no Castelo de Bellver. Na reunión, celebrada en dúas sesións, xoves 16 e venres 17, entre outros temas, tratouse sobre o plan de transformación tecnolóxica, sobre ciberseguridade, sobre o éxito das Probas Presenciais, sobre a creación de novas cátedras (no referente a cuestións de investigación), falouse novamente sobre a plataforma LMS, así como, tamén, tratáronse asuntos relativos á nova Lei Orgánica do Sistema Universitario.