Skip to main content
Baleira

Socialistas de Baleira informan á veciñanza sobre o parque eólico Levante

Por 16 Xuño, 2022Sin comentarios

Os socialistas de Baleira realizaron no día de onte unha charla informativa no centro sociocultural, sobre o parque eólico do Levante e a liña de alta tensión de descarga proxectada no Concello. Este acto contou co asesoramento de Ventonoso, un colectivo que asesora aos propietarios nas negociacións coas empresas eólicas.

A Voceira Socialista de Baleira, Laura Burgué explicou “realizamos esta xornada para que a veciñanza coñeza de primeira man os pros e contras relacionados
cos proxectos eólicos proxectados no noso Concello. A través desta charla queriamos que os afectados puideran coñecer de primeira man os pormenores destes plans, sen intermediarios. E coa finalidade de que poidan ter unha idea clara do que supoñen estes novos parques na nosa vila”, remarcou a socialista.

Dende o PSdeG “vamos a seguir impulsando iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, e por suposto, a informalos de tódolos proxectos que consideremos oportunos para o futuro do noso concello”, dixo Burgué.