Skip to main content
Baralla

Baralla publica as datas e prezos das saídas á praia deste verán

Por 14 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Baralla vén de facer público un Bando do alcalde no que anuncian as viaxes para ir a distintas praias durante os meses de xullo e agosto.

A asociación de Mulleres Rurais Os Malugreiros colabora con Concello nesta iniciativa na que, tras pagar 6 euros, os usuarios poderán participar nestas saídas a Foz, A Coruña ou Asturias, entre outros lugares.

Así, segundo explica este bando municipal, os interesados deberán recoller, previo pago, os billetes de autobús o xoves ou o venres anterior á viaxe, entre ás 17 e as 21 horas no Centro Sociocultural, na Oficina de Información Xuvenil.

As saídas serán sempre ás os domingos ás 9 da mañá, dende o 3 de xullo ata o 14 de agosto. Máis información no teléfono do Concello 982 363 303 ou no do Centro Sociocultural 982 363 500.

SAÍDAS

3 xullo – Foz
10 xullo – Laxes (A Coruña)
17 xullo – Tapia (Asturias)
24 xullo – Barreiros
31 xullo – Ares (Ferrol)
7 agosto – Viveiro
14 agosto – Miño