Skip to main content
Becerreá

Becerreá abre o prazo para inscribirse nos cursos de natación

Por 16 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Becerreá presenta para este verán os cursos de natación. Así, dende o día de hoxe a veciñanza poderá inscribirse a calquera dos cursos que terán lugar entre xullo e agosto.

Os cursos son de balde e haberá tres quendas. A primeira, de 12.30 horas a 13.00 horas será o turno do grupo de Aprendizaxe. Os de iniciación terán lugar de 13.00 a 13.30 horas, mentres que os Adultos iraán en quenda de 13.30 a 14.00 horas.