Skip to main content
Castroverde

A ADR Comarca de Lugo organiza unha andaina en Castroverde

Por 12 Xuño, 2022Sin comentarios

A Asociación para o Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo organiza para o vindeiro sábado, 18 de xuño, unha andaina que transcorrerá polo Concello de Castroverde. Con saída ás 10.30 horas e unha duración aproximada de hora e media, os participantes descubrirán as marabillas da localidade.

O roteiro terá inicio e fin na rotonda de Paderne, na LU- 530, e se desenvolverá seguindo a ruta de Soutomerille. A dificultade é baixa e percorre camiños rurais sen asfaltar, cun pequeño treito por estrada.

Os participantes na andaina poderán gozar de grandes visitas naturais e patrimoniais como os xacementos arqueolóxicos da Pallota ou Castro Peón ou o bosque autóctono.

Para participar é preciso inscribirse chamando ao teléfono 982 238 000 ou ben no formulario electrónico dispoñible na web municipal.