Skip to main content
Castroverde

A Oficina Agraria de Castroverde renova a súa imaxe

Por 5 Xuño, 2022Sin comentarios

A Xunta levou a acabo novos traballos nas intalacións da oficina agraria de Castroverde. Unha serie de remodelacións nas que se investiron caseo 34.000 euros. Así o dixo o conselleiro do Medio Rural, José González, ao visitar onte estas instalacións.

Así, o titular de Medio Rural puido comprobar de primeira man os traballos realizados a finais do pasado ano, no marco do Plan de impulso da rede de Oficinas Agrarias Comarcais (OAC) iniciado pola Xunta, e que inclúe tanto actuacións de optimización de tipo organizativo e funcional, como de mellora das infraestruturas e da dotación das oficinas.

Os obxectivos fundamentais das diferentes actuacións deste plan son, por unha parte, dar unha resposta óptima ás demandas actuais da poboación rural en relación aos servizos públicos e, ao mesmo tempo, mellorar as condicións laborais das persoas empregadas públicas que desenvolven as súas tarefas nas ditas oficinas, o que repercute positivamente na relación entre a Xunta e o sector primario.

Os traballos na oficina de Castroverde consistiron no pintado e lacado interior de todas as estancias e carpinterías en branco. Tamén se procedeu ao trasdosado do ámbito das oficinas, incluíndo o seu illamento térmico, e a substitución de toda a iluminación por solucións tipo led de menor consumo e máis eficientes.

Así mesmo, procedeuse á colocación dun vestiario con ducha no baño secundario da planta baixa, un pequeno almacén e unha sala multifuncional que serve, á súa vez, de sala de conferencias. Por último, colocouse un novo pavimento vinílico na zona de acceso, incluíndo os dous aseos e o novo vestiario, e eliminouse parte do falso teito existente, co posterior illamento de todo o teito e a execución dun novo na zona designada para a atención administrativa.