Skip to main content
Axenda CaducadaCastroverde

Riomol, en Castroverde, celebra as súas grandes festas

Por 26 Xuño, 2022Xullo 2nd, 2022Sin comentarios

A parroquia de Riomol, no Concello de Castroverde, celebra o vindeiro sábado, 2 de xullo, as súas tradicionais festas na honra de San Pedro.

A celebración arrancará ás 13.30 horas coa misa solemne que irá seguida de procesión. Ao rematar o actos litúrxicos, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Enigma, quen tamén será a encargada de musicar a verbena nocturna, esta vez acompañada da discoteca móbil Infinity.