Skip to main content
Castroverde

Amigos do Patrimonio de Castroverde visita Negueira de Muñiz o 9 de xullo

Por 27 Xuño, 2022Sin comentarios

O colectivo Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza para o vindeiro sábado 9 de xullo unha visita cultural ao municipio de Negueira de Muñiz. Tras un roteiro pola localidade, a asociación realizará unha visita ao ecomuseo El País del Abeyeiro, en Pena da Nogueira.

Amigos do Patrimonio de Castroverde pide a reserva da asistencia, antes do domingo 3 de xullo no teléfono 659 523 960 ou no enderezo electrónico amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com. As prazas están limitadas a 22 persoas.

O prezo da actividade, que inclúe o xantar, a visita cultural e o autobús rondará entre os 35 e os 40 euros en función do tipo de visita.

Asemade, o colectivo esixe manter todas as medidas de seguridade da pandemia, co uso de máscara en interiores.

PROGRAMA

9.00 h. Castroverde
10.30h. Comenzo da Actividade. Roteiro por Negueira de Muñiz.
14.00 h. Xantar no lugar máis axeitado posible.
17.00 h. Visita á El País del Abeyeiro