Skip to main content
O Corgo

Ponte de Neira, no Corgo, celebra as súas patronais

Por 12 Xuño, 2022Sin comentarios

O lugar de Ponte de Neira, na parroquia de Cela, do concello do Corgo, celebrará a vindeira fin de semana as súas festas na honra a San Xoán. Así, o sábado, 18 de xuño, comezarán os festexos ás 13.00 horas coa misa solemne, trala que terá lugar a sesión vermú a cargo da formación Punto Clave, quen amenizarán tamén a verbena da noite xunto ao Dj Min.

As festas continúan no propio día do patrón, o 24 de xuño. Unha xornada na que os asistentes poderán asistir á misa solemne ás 21.00 horas no campo da festa que finalizará antes da cea veciñal e a verbena a cargo do dúa Dilema.