Skip to main content
O Corgo

Socialistas do Corgo critican a política de contratación temporal do Concello

Por 28 Xuño, 2022Sin comentarios

O Voceiro do PsdeG-PSOE do Corgo, Francisco Otero Besteiro criticou hoxe a política de contratación do Concello, tras convocar dúas prazas para o punto de atención á infancia (PAI) no que agora están tres traballadoras.

Nesa liña lembra que o Concello xa convocara 2 prazas para estes postos de traballo no mes de maio de 2019, como persoal laboral temporal, e lamenta que dende o goberno municipal non convoque as 3 prazas para este servizo, como xa reivindicou o seu grupo en setembro do 2019.

“Dende a administración, debemos loitar por garantir a estabilidade laboral dos traballadores. Estas profesionais xa pasaron un proceso selectivo coas probas pertinentes e exames correspondentes para poder desempeñar as súas funcións. Estas 3 traballadoras estiveron a facer unha labor excelente cos nenos e nenas, e agora teñen que enfrontarse a un proceso selectivo que as pode levar a quedar fora. So o descoñecemento de tal proceso te fai ignorante da dificultade que supón superar unha oposición”, advertiu.

Sinala tamén que foi o Grupo Socialista quen apostou e reclamou en reiteradas ocasións este servizo para o Concello. “Para o PP nunca foi prioritario unha gardería na nosa vila, xa que sempre argumentaban que os estudios que fixeran dicían que non había nenos suficientes que fixeran necesario prestar ese servizo, o tempo demostra que se converteu nun servizo esencial para as familias do Corgo, e para as nenas e nenos que non teñen que desprazarse a outras vilas”, insistiu.

Ademais replica que nesta convocatoria o Concello de novo só convoca 2 prazas, cando actualmente prestan este mesmo servizo 3 traballadoras. “Preguntámonos porque o Concello do Corgo volve a recortar prazas no persoal no PAI cando este funcionaba perfectamente? Si pretenden contratar a esa terceira persoa, volveran a utilizar o método da temporalidade e a xogar coa inestabilidade de esa empregada/o?”.

“Ata o de agora sempre se sobre pasou dos 15 nenos, si non son capaces de garantir ese mínimo tratándose dun concello de uns 3.500 habitantes queda evidente que as políticas que están a levar a cabo referente a asentar poboación son nefastas. Lamentablemente nos fai pensar que a estratexia que teñen para loitar contra a sangría e fuxida de poboación do noso Concello e a mesma ca nos fixo perder mais de 1.350 habitantes nos últimos 30 anos”, dixo.

No que se refire ao servizo de limpeza que se está a prestar en esta dependencia municipal, “comprobamos que 1 hora non é o tempo suficiente para facer unha limpeza das características que esixe esta instalación”.

Por último emprazou ao Alcalde e a todo o seu Goberno “a escoitar un pouco máis a veciñanza para responder as súas demandas”. “Trala nefasta xestión na política de contratación do PAI demandamos máis seriedade e rigor cos traballadores e traballadoras dos servizos públicos”, resumiu.