Skip to main content
A Fonsagrada

Nova oportunidade para renovar o DNI na Fonsagrada

Por 12 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada informa que o equipo móbil da Policía Nacional para a realización dos DNI acudirá ao municipio o vindeiro mércores 15 de xuño.

Así, segundo informa o Goberno local todos aqueles que teñan que renovar o seu documento de identidade poderán facelo na Biblioteca Pública de 10 a 12 horas. Para iso, deberán solicitar a súa cita na Casa do Concello.