Skip to main content
A Fonsagrada

O Concello da Fonsagrada organiza un curso de primeiros auxilios

Por 11 Xuño, 2022Xuño 16th, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada organiza para o vindeiro 14 de xuño un curso de primeiros auxilios. A formación terá lugar no salón de actos municipal dos Chaos da localidade, entre as 16.30 e as 20.30 horas.

Para participar no curso é preciso inscribirse nos servizos sociais do Concello da Fonsagrada ou a través da web https://escolasaude. sergas.es/Contenidos/Cursos-presenciales.

No programa da formación, entran puntos importantes como a asistencia inicial diante dun traumatismo ou as actuacións ante convulsións, dificultade respiratoria ou dor torácica. Tamén se ensinará a tratar coa picadura de diferentes insectos ou a realizar unha reanimación cardiopulmonar básica.

O fin último é adquirir coñecementos básicos sobre o manexo das situacións que requiran actuacións de primeiros auxilios básicos. Este curso está dirixido a pacientes, familiares e poboación en xeral.