Skip to main content
Guntín

Guntín abre o prazo de matrícula para o Punto de Atención á Infancia

Por 21 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Guntín vén de abrir o prazo para matricular aos nenos, o vindeiro curso escolar 2022/2023, no Punto de Antención á Infancia (PAI) da localidade. Este centro estará aberto de luns a venres entre as 8.00 e as 16.00 horas.

Este PAI conta cunhas instalacións modernas, amplias e equipadas, deseñadas para atender á seguridade da infancia. Con actividades adaptadas á idade, traballarán no desenvolvemento emocional, cognitivo, afectivo e motor dos nenos usuarios.

Para inscribirse o concello pon a disposición da cidadanía o teléfono da Casa Consistorial, 982 320 001; ou o do Punto de Atención á Infancia 699 835 287.