Skip to main content
Lugo

Maite Ferreiro anima á veciñanza a participar no concurso do cartaz do San Froilán

Por 2 Xuño, 2022Sin comentarios

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, animou á veciñanza a participar no concurso de deseño gráfico para escoller cartaz para o San Froilán e o San Froilán Miudo. Ferreiro explicou que “as persoas participantes poderán presentar cantas obras desexen, sempre que sexan orixinais”.

As persoas que desexen participar poden presentar os seus traballos ata o 16 de xuño nas oficinas da área de Cultura, na Praza Maior, ou por correo, en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50×70 centímetros e con 72ppp de resolución, en soporte cd ou lapis de memoria. Ademais, poderanse enviar tamén por enderezo electrónico a cultura@lugo.gal, indicando no asunto Cartel San Froilán 2022.

Un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que represente esta festa, que será premiada cun importe de 2.000 euros. A xuntanza do xurado terá lugar o vindeiro 21 de xuño. Maite Ferreiro animou ás deseñadoras e deseñadores lucenses “a demostrar a gran calidade dos seus traballos e ser a imaxe do evento cultural máis grande de Lugo”.