Skip to main content
Lugo

O ‘Tour do Cancro’ aterra en Lugo

Por 2 Xuño, 2022Sin comentarios

O Tour do Cancro, aterra en Lugo o vindeiro martes, 7 de xuño, ás 19:00 h na Sede Afundación de Lugo; unha conferencia que percorre diversos puntos de España co obxectivo de incrementar a visibilidade e o coñecemento da enfermidade á sociedade, ademais de, trasladar os servizos gratuítos que ofrece a Asociación aos pacientes con cancro e as súas familias.

Nesta ocasión, participarán Ramón Reyes, presidente da Asociación Española Contra o Cancro e o doutor Carlos López- Otín, catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade de Oviedo. Coa intervención de María Luz Abella, Presidente da Asociación Española Contra o Cancro na Provincia de Lugo.