Skip to main content
Lugo

A Deputación traballa en mellorar o Pazo de San Marcos, en Lugo

Por 3 Xuño, 2022Sin comentarios

A Deputación de Lugo continúa a mellorar as instalacións da súa sede na capital de Lugo: o Pazo de San Marcos. Así, tralo arranxo do tellado, esta semana iniciou as obras para a reposición da lámina impermeabilizante da parte plana do tellado, deteriorada polo paso do tempo.

Está previsto que esta actuación, que conta cun orzamento de 20.000 euros, finalizará a semana que vén coa reinstalación dos equipos de climatización que se retiraron para poder actuar nesta zona.

Estas obras súmanse ás que xa acometeu a institución na cuberta de San Marcos hai menos de dous anos cun investimento de 345.000€.

A actuación forma parte das diferentes accións que o Goberno provincial está a levar a cabo para mellorar e poñer en valor o Pazo de San Marcos, un dos bens patrimoniais emblemáticos da provincia. Neste sentido, a Deputación vén de iniciar o proceso para a contratar obras de reparación e acondicionamento da fachada deste edificio por importe de 120.000€.

Uns traballos cos que se pretende solucionar os problemas de deterioro da fronte do Pazo provocados polo paso do tempo e que inclúen a limpeza da fachada e da súa mampostería, o saneamento de fisuras e gretas, a eliminación de humidades e de filtracións de auga e o pintado das paredes; tamén a colocación na fachada dunhas letras en aceiro pintado co texto Deputación Provincial de Lugo, que xa existían antes da remodelación da Praza de San Marcos.