Skip to main content
Lugo

Arroxo anuncia a renovación do alumeado en varias rúas de Lugo

Por 6 Xuño, 2022Sin comentarios

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou o inicio dos traballos de renovación do alumeado público exterior na rúa rúa Rei don García e nas rúas adxacentes. “Continuamos a traballar na renovación das luminarias nas principais rúas da cidade e nos barrios para acadar unha maior luminosidade e eficiencia”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “con esta intervención conseguirase un importante aforro no tocante a factura eléctrica que debe pagar Concello mellorando, ao mesmo tempo, a cantidade de iluminación na zona”.

Ademais de Rei don García tamén se renovarán as luminarias nas rúas rúas Catasol, na rampa de Claudio Lopez, Rof Codina, Carril das Encrucilladas, Sanxillao e na rúa dos Agros. Instalaranse un total de 34 luminarias novas e reducirase o consumo de enerxía eléctrica nun 50%. A redución de consumo permitirá aforrar 4250W e deixar de emitir 6,8 TN de CO2. Con esta actuación continuarase coa renovación das instalacións alumeado público exterior que se está a facer en toda a cidade.

O Goberno de Lugo inviste en total 115.367,22€ nesta actuación, que ten un prazo de execución de 12 semanas. A renovación do alumeado permitirá tamén avanzar na eliminación de luminarias que utilizan elementos contaminantes, dado que a rede actual está formada por luminarias de vapor de sodio, que pasarán a ser luminarias LED.