Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Fin de tempada para o Breogán

Por 7 Xuño, 2022Sin comentarios

Por Adrián Fernández.

Rematou a tempada 2021/2022 para o Breogán, despois de 8 meses de competición e 16 vitorias chegamos ao final dun dos mellores anos do equipo na ACB.

Quedaban aínda tres encontros por xogar no mes de maio, despois de gañar en Gran Canaria xagabamos na casa contra o Barcelona con posibilidades reais de play offs pese ás dificultades. Semellaba estar todo en contra de nós pero os xogadores saíron a polo partido dende o primeiro minuto conscientes de que tiñan que dar todo o que lles quedaba no corpo, iso viuse reflexado no marcador nunha primeira metade das que che quedan no recordo para sempre, tódolos xogadores aportando en ataque e en defensa e canastras de todo tipo incluso un 3+1 dende o medio campo de Sergi Quintela, 48-30 ao descanso. O soño parecía preto e máis cando o Breogán aguantou o empuxe do Barcelona no terceiro cuarto, pero o desgaste físico pasou fatura ao final e nun último cuarto desastroso (6-22) perderíase o partido por dous puntos 72-74; orgullosos dos xogadores igualmente que o deron todo e incluso fixéronnos crer ata o final que tiñamos posibilidades de loitar polo título pese ás baixas.

Xa non quedaba moito máis que facer, so ser profesionais e tratar de competir en Fuenlabrada, pero a realidade foi que o cansazo acumulado e a intensidade dos locais polo que se xogaban convertiu o encontro nun trámite, 88-65.

Por último un partido para desfrutar e despedirse dos xogadores, un encontro bonito que gañaría o Breogán ao Unicaja por 93-84 e que podería xogar Musa, que nos agasallou coa súa última obra de arte, 24 puntos e 34 de valoración.

Ao día seguinte festa na praza de Santa María onde afección e xogadores compartirían impresións e onde lle entregarían a Musa o premio de MVP da Liga ACB da man do seu irmán, unha sorpresa coa que non contaba o xogador balcánico.

Tempada moi positiva, non só polos resultados se non tamén pola boa imaxe que deixa o clube, o que fai de nós un bo lugar para traer a bos xogadores de cara ao ano que ven; tempada que xa se está a preparar coas renovacións dos irmáns Quintela e a incorporación do base aleman de 21 anos Justus Hollatz.