Skip to main content
Lugo

Lugo estrea catro novos autobuses urbanos

Por 8 Xuño, 2022Xuño 10th, 2022Sin comentarios

Lugo contará con catro novos autobuses que se veñen de unir á frota da rede de transporte público municipal. Así o presentou o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, quen asegurou que o Goberno local continúa a traballar na renovación dos buses urbanos, “avanzando na inclusión de buses con baixas emisións e clasificación como vehículos ecolóxicos”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu, “queremos que a xente aposte polo bus urbano para reducir tráfico na cidade e avanzar nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica”.

Os catro novos buses, modelo ISUZU Citybus utilizan o, un derivado do petróleo, como combustible, o que permite reducir nun 8% as emisións de CO2 e nun 30% as emisións de óxidos de nitróxeno.

Rubén Arroxo declarou que a área de Mobilidade está traballando en “transformar a mobilidade de lugo para que sexa moito máis sostíbel, onde o transporte público sexa fundamental”.

En canto á accesibilidade, os dous novos vehículos incorporan un renovado sistema Kneeling, que permite baixar a altura do autobús para facilitar a subida das usuarias. Ademais, conta con rampla para persoas con mobilidade reducida e unha praza para cadeira de rodas, e portos USB para a carga de dispositivos electrónicos.

Os catro buses, que comezarán nos vindeiros días a percorrer as liñas 3, 6 e 9, teñen en total 74 prazas, divididas en 20 asentos, 53 persoas de pé e unha praza para persoas con mobilidade reducida.