Skip to main content
Lugo

Cheo nas primeiras visitas turísticas gratuítas do Concello de Lugo

Por 10 Xuño, 2022Xuño 13th, 2022Sin comentarios

Un “éxito de asistencia”, así cualificaba a edil de Cultura e Turismo de Lugo, Maite Ferreiro, as primeiras visitas turísticas ofertadas polo seu Goberno nesta campaña de verán.

Ferreiro explicou que, dende a súa área, continúan a ofertar estas visitas guiadas pola cidade “tanto para a veciñanza de Lugo como para todas as persoas que nos visiten, estas visitas están xa a recibir un grande número de asistentes, tanto por parte da veciñanza de Lugo como por parte das e dos turistas”.

A área de Cultura ofertará as visitas que se celebrarán ata o vindeiro 30 de setembro, de xeito gratuíto, a todas as persoas que o desexen, ata cubrir a cabida de cada grupo. “Realizaranse percorridos innovadores polas distintas mostras de arte urbano de Lugo, ademais das visitas habituais polo casco histórico que mostrarán o noso patrimonio histórico e cultural”, afirmou a Concelleira de Cultura.

As visitas requerirán de inscripción previa, que se poderá realizar na oficina de Turismo Municipal tanto de xeito presencial como a través do teléfono 982 251 658.