Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Skate, BMX e Stencil, centran as novas actividades para mocidade de Lugo

Por 11 Xuño, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anima á mocidade a participar nos obradoiros que pon en marcha a concellería de Xuventude vinculados á cultura urbana tanto desde a súa perspectiva deportiva como artística.

As actividades, que serán de balde, centraranse nos deportes de Skate e Bmx, así como na disciplina artística Stencil, técnica de arte urbano que artistas como Bansky axudaron a expandir e a internacionalizar. As clases impartiranse en xuño e xullo e non é necesaria a inscrición previa, senón que se pode formalizar na mesma actividade.

Dirixidas a poboación de 12 anos en adiante, aínda que tendo prioridade a xente máis moza, os obradoiros serán coordinados e impartidos por profesionais recoñecidos. Desenvolveranse na pista de Skate ubicada en Pablo Fabio Máximo.

O Skate é un dos deportes urbanos máis practicados do mundo e modalidade olímpica desde 2021. Segundo lembra o concelleiro de Xuventude, “é unha actividade moi popular entre os nenos e nenas, que require de esforzo e concentración pero tamén dunha previa instrución de técnicas e estratexias para saber como realizar trucos sen perigo de facerse dano”.

As actividades de desenvolven a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións e está incluída no programa +Xti. Ao final das xornadas, terá lugar unha sesión final a modo de exhibición cos participantes, na que participarán deportistas skaters galegos de nivel avanzado, e haberá música en directo.

SESIÓNS

17 Xuño Skate e Stencil 16:30 – 21:30h
18 Xuño Skate Bmx 16:30 – 21:30h
19 Xuño Skate 10:30 – 14:30h
24 Xuño Skate e Stencil 16:30 – 21:30h
25 Xuño Skate Bmx 16:30 – 21:30h
26 Xuño Skate 10:30 – 14:30h

1 Xullo Skate e Stencil 16:30 – 21:30h
2 Xullo Skate Bmx 16:30 – 21:30h
3 Xullo Skate 10:30 – 14:30h
8 Xullo Skate e Stencil 16:30 – 21:30h
9 Xullo Skate Bmx 16:30 – 21:30h