Skip to main content
Lugo

O CEIP Anexa busca coa Xunta unha solución para o uso do pavillón

Por 12 Xuño, 2022Sin comentarios

A Anpa do CEIP Anexa conseguiu unha reunión coa Xunta de Galicia para buscar posibles solucións ao uso do pavillón do centro, nun encontro ao que asistiron cinco representantes da Anpa, entre eles a súa presidenta María Gallardo; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xefa territorial de Educación, Mariña Gueimunde.

Arias Fouz calificou a reunión de “cordial”, sinalando que “foi un bo punto de partida para buscar solucións ao uso do pavillón do centro. Polo pronto, e tal e como quedei con eles, trasladarei as súas reivindicacións e propostas tanto ao Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación como ao xerente da USC, nunha próxima reunión que agardo ter nos vindeiros días”.

A Anpa explicou as principais reivindicacións, que pasan por manter o uso do pavillón que pertence ao centro, ademais de solicitar outras actuacións que mellorarían ao seu xuízo o funcionamento do colexio. Ademais, o delegado territorial da Xunta en Lugo destacou que “foi unha reunión frutífera; na que tamén atopamos puntos en común e que mellorou moito a comunicación, o que é indispensable para acadar solucións”.