Skip to main content
Lugo

O Concello renova o acceso as naves da Campiña dende a N-640

Por 13 Xuño, 2022Xuño 17th, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo está a renovar do asfalto no polígono da Campiña. Así o explicou o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, quen visitou as pistas que unen a N-640 coas naves desta zona industrial onde “continuamos a traballar na mellora das infraestruturas da cidade con esta actuación, que permitirá mellorar as comunicacións das veciñas e veciños que traballan nesta zona”.

A solución adoptada consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Nos vindeiros días renovarase a sinalización horizontal da zona e adaptaranse as distintas tapas de rexistro á nova altura da banda de rodadura.

“Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas industriais, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas”, afirmou Alexandre Penas.