Skip to main content
Lugo

As alumnas de Tecer para integrar reciben os seus diplomas de formación

Por 15 Xuño, 2022Sin comentarios

Despois de oito meses de formación, as alumnas de Tecer para integrar recibiron onte os diplomas que acreditan a súa participación neste programa formativo, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración de Federación de Asociacións do Ambito Social FADAS Lugo.

O acto, celebrado na Capela de Santa María, puxo o broche a oito meses de formación en patronaxe, confección e moda sostíbel no que as quince participantes adquiriron os coñecementos necesarios para desenvolverse profesionalmente nos sectores da artesanía e da moda.

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo Maite Ferreiro, que fixeron a entrega dos diplomas, felicitaron “as participantes polo aproveitamento deste programa integral impulsado coa idea de poñer os recursos e os coñecementos cos que conta o Centro de Artesanía e Deseño para xenerar oportunidades laborais tanto na artesanía como no sector textil”.

Ambos destacaron tamén o enfoque co que foi deseñado o proxecto, “asentado en saberes e coñecementos tradicionais, herdados sobre todo das mulleres, pero buscando actualizalos e demostrando que a artesanía é un actividade produtiva e de futuro” e, nese sentido, “agradeceron a implicación no proxecto de deseñadoras e artesás de Lugo que foron abrindo ese camiño, apostando por pequenas producións coidadas, sostibles, vinculadas ás raíces, que teñen un gran recoñecemento”.