Skip to main content
Lugo

O BNG dirá non ao PXOM de Lugo

Por 16 Xuño, 2022Sin comentarios

A asemblea Local do BNG decidiu na noite de onte o voto en contra das e dos concelleiros do Grupo Municipal do BNG no pleno extraordinario deste venres, onde se someterá a votación o coñecido como 5% pendente do PXOM. O Responsable Local do BNG, Felipe Rivas, explicou que “o conxunto da Asemblea Local decidimos manter neste pleno unha postura coherente co traballo feito polo BNG desde o minuto 1 da tramitación deste Plan Xeral”.

A Asemblea Local do BNG valorou positivamente parte das modificacións introducidas no proxecto que se someterá a votación este venres, “un exemplo é a supresión dos terreos urbanizables na zona rural, unha reclamación histórica do BNG desde o comezo da tramitación deste PXOM”, mais desde a formación nacionalista defenden que “os cambios puntuais non cambian o conxunto do Plan Xeral, que desde o BNG seguimos calificando como alonxado da situación actual da cidade”, segundo declarou Felipe Rivas.

O Responsábel Local do BNG afirmou que “continuaremos a apostar por un modelo de cidade sustentable, que vaia da man coa realidade do Concello, e que sexa verdadeiramente útil para as veciñas e veciños de Lugo”.