Skip to main content
Lugo

Lugo non saca adiante o 5% do PXOM

Por 17 Xuño, 2022Xuño 20th, 2022Sin comentarios

Pleno extraordinario no concello de Lugo para sacar adiante o 5% do PXOM que a cidade das murallas ten pendente dende hai 11 anos. E un pleno que deste documento que seguirá estando paralizada. E é que os partidos da oposición abstivéronse, mentres que o BNG, socio dos socialistas no Goberno, votou en contra da aprobación deste plan urbanístico.

Malia que ningún grupo apoiou esta modificación, o certo é que cada partido tiña as súas razóns. Así, os nacionalistas explicaron que foi a militancia a que tomou a decisión “de manter neste pleno unha postura coherente co traballo feito realizado desde o minuto 1 da tramitación deste Plan Xeral”.

Rubén Arroxo trasladou que o BNG valora positivamente parte das modificacións introducidas no proxecto que se votou hoxe, mais afirmou que “os cambios puntuais non cambian o conxunto do Plan Xeral, que desde o BNG seguimos calificando como alonxado da situación actual da cidade”.

Arroxo engadiu que “Lugo precisa un plan de ordenación municipal acorde á realidade da cidade, un exemplo é que o actual PXOM prevía un gran crecemento poboacional, cunha estimación de que Lugo contara con máis de 300.000 habitantes aos 10 anos, mais a realidade é que o crecemento poboacional foi de pouco máis de 2.000 veciñas e veciños nos 11 anos e medio que pasaron desde a súa aprobación inicial”.

Pola súa banda, os populares aseguraron que se “viron na obriga” de abterse na votación despois de que a rexedora “non aceptase a súa petición para aprazar a sesión para que lles desen máis tempo para analizar a documentación”.

O vicevoceiro da formación, Antonio Ameijide, solicitaba no día de onte, “tempo para revisar e votar con responsabilidade” unha petición que o Goberno local rexeitou. “Non se nos pode pedir que fagamos un acto de fe confiando única e exclusivamente en Lara Méndez cando nin tan siquera convence aos seus socios de goberno que anunciaran xa o seu voto en contra”.

Para o PP, o resultado da votación de hoxe, é un reflexo da “soidade da alcaldesa”. O vicevoceiro municipal rebatiu as acusacións de que tiveron tempo suficiente cando “a realidade é que vostede presentou aos medios de comunicación o PXOM o 6 de xuño e nós pedímoeslle a documentación por escrito o día 7 de xuño rogando que nos recibise en persoa. Todavía estamos agardando”.

“Un pleno moi revelador”

Así foi como a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cualificou o sucedido esta mañá no transcurso da Sesión Extraordinaria celebrada no Concello.  “O sentido dos votos emitidos hoxe reflicten á perfección que intereses defende cada partido. Aqueles que fronte ás necesidades actuais da veciñanza priorizan o posicionamento ideolóxico – sexa este viable ou non, sexa acorde ou non á normativa –, aqueles que recoñecen que é fundamental aprobar o Plan pero logo non o secundan levantando a man e deixan a un lado a súa responsabilidade como representantes políticos e integrantes da Corporación con igual peso decisorio que os demais, ou aqueles que cuestionan o criterio técnico da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e desconfían de que as concrecións que se incorporaron ao documento, indicadas pola propia Xunta de Galicia, sexan correctas”.

A rexedora sinalou que resulta imprescindible poder aprobar o Plan Xeral “para rematar, así, coas incertezas que durante unha década afectaron ao tecido produtivo e á veciñanza do rural. E, a continuación, poderemos abrir outro proceso de modificación que nos permita adaptalo á realidade social e demográfica do concello, pero primeiro debe existir. Nesta ocasión, como noutras, non dubidarei en defender o que considero mellor para a cidade”, afirmou.

A Corporación Municipal será convocada o próximo xoves, 23 de xuño, a un novo Pleno Extraordinario para abordar o asunto.