Skip to main content
Lugo

O Mitma corta, dende mañá, a rúa Alfonso X e o seu acceso dende a N-VI

Por 19 Xuño, 2022Sin comentarios

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) está a executar a construción da glorieta de conexión da estrada N-6, no km 498,800, coa rúa Alfonso X o Sabio, na provincia de Lugo.

Por este motivo e con obxecto de garantir a seguridade durante a execución das obras, será necesario proceder, a partir do próximo luns 20 de xuño, ao corte total do tráfico na rúa Alfonso X o Sabio e do seu acceso cara a e desde a estrada N-6.

Implantarase un desvío de tráfico debidamente balizado e sinalizado, pola rúa Benigno Ledo á que se accede desde a N-6 pola glorieta e a avenida de Madrid, e que afectará os vehículos que circulen pola N-6 para incorporarse á rúa Alfonso X o Sabio e aos que se incorporarían a @dicha N-6 desde a citada rúa.

Os traballos que se están levando a cabo consisten na substitución da actual intersección en T por unha nova glorieta entre a N-6 e a rúa Alfonso X o Sabio, debendo executarse ademais a reposición dos servizos afectados e dos elementos de drenaxe lonxitudinal, a instalación dunha nova sinalización e outras obras complementarias.