Skip to main content
Lugo

Pasos adiante no proxecto da Intermodal de Lugo

Por 21 Xuño, 2022Xuño 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo participou onte en Madrid, nunha reunión a tres, con Adif e a Xunta de Galicia para avanzar no cronograma de actuacións e os termos financeiros da futura estación intermodal de Lugo.

Na xuntanza, entre a presidenta de Adif, Mª Luisa Domínguez; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e a Conselleira, Ethel Mª Vázquez, acompañadas dos seus equipos, as partes estableceron o prazo duns días para concretar os termos do financiamento e a planificación das actuacións co fin de iniciar os trámites do convenio.

A sinatura deste convenio daría luz verde á licitación das obras da nova estación intermodal que contempla varias actuacións. Entre elas, se creará un novo edificio de viaxeiros da estación de ferrocarril, compatibilizando a súa execución co mantemento do servizo ferroviario e evitando afectalo na medida do posible. O
edificio integrarase na praza intermodal deseñada no Anteproxecto, que conectará as estacións de ferrocarril e autobús.

Tamén se contempla a súa integración na trama urbana e o paisajismo da cidade. Incluirá un novo paso inferior entre plataformas de uso exclusivo para os viaxeiros do
ferrocarril.

Se creará un novo paso inferior peonil de cidade, entre o centro urbano e o parque do Sagrado Corazón, que conecte ambos lados da canle ferroviaria, incluídos os seus accesos, elementos de comunicación vertical e urbanización asociada. A súa execución tamén se compatibilizará coa explotación ferroviaria. Realizarán a urbanización exterior do ámbito da estación e da conexión do paso inferior de cidade coa contorna urbana, prestando especial atención á nova praza intermodal. Inclúe, á súa vez, a adecuación do peche da estación, de forma que se evite o acceso indebido á zona de vías e o acceso ás plataformas sen pasar polo control de pasaxeiros.

Por último, farase un novo aparcamento subterráneo, que prestará servizo ás futuras estacións de ferrocarril e autobús.

A superficie total da actuación comprende un total de 31.440 m2, cun investimento global estimada aproximado de 28 millóns de euros (sen IVE), segundo o estado actual do proxecto.

O protocolo para a implantación dunha estación intermodal en Lugo, acordado polo Ministerio de Fomento (hoxe Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana), a Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e Adif proxectou unha área de intermodalidad que englóbase a nova estación ferroviaria de Alta Velocidade, unha nova estación de autobuses e a integración na trama urbana. Para iso, Adif asumiu a realización da estación ferroviaria, a Xunta a da estación de autobuses e o Concello a modificación do plan urbano no que fose necesario.

PASOS

O contrato de redacción dos proxectos da nova estación de ferrocarril e o aparcamento subterráneo estivo suspendido ata o 22 de abril de 2022 pola necesidade de realizar unha tramitación administrativa e urbanística para eliminar o edificio de Correos da ficha de catálogo L-53 de elementos protexidos. Unha vez iniciado ese trámite e, desde entón, retomáronse os traballos, entre eles, a aprobación provisional en pleno ordinario, por parte do Concello, da modificación do PXOM o 26 de xuño de 2022.

Tras isto, deuse trasladado do expediente á Xunta, que deberá emitir un informe preceptivo e vinculante no prazo de 1 mes. Con ese informe, o Concello xestionaría a aprobación definitiva – previsiblemente no mes de xullo ou agosto- para a súa publicación no Diario Oficial Galicia.