Skip to main content
Lugo

A Federación de Veciños pide non soltar aos cans e recoller as feces

Por 21 Xuño, 2022Sin comentarios

A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo vén de manifestar a súa preocupación diante dunha realidade que se está a producir en diversas zonas da capital.  A federación faise así eco das queixas de numerosos veciños respecto a presenza de cans soltos en puntos de circulación de transeúntes.

A circunstancia que describe o colectivo veciñal tende a ocorrer no parque do río Rato, do paseo do Miño e nas zonas d elecer da cidade, ademais do paseo da Muralla.

Matizan, asemade, que en varias ocasións estos cans soltos, pertencen ás razas consideradas potencialmente perigosas. En todo caso, denuncian, “non son compatibles coa circulación de persoas xa que supoñen un risco non só para ellas senón tamén para eventuais condutores que poidan atoparse circulando por esas vías”.

A este respecto, a Federación denuncia que outro dos motivos que máis queixas suscita entre os veciños é a presenza de “deposicións de cans na vía pública”.

“Neste punto, queremos matizar que somos perfectamente coñecedores de que a gran maioría da cidadanía é cívica e responsable; e é, por tanto, a esa minoría de persoas que non cumpre as normas nin vela pola convivencia cos seus concidadáns, a quen, desde a nosa entidade dirixímonos para pedirlles que reconduzan a súa actitude en favor, precisamente, desa convivencia harmónica como sociedade”.

Asemade, a Federación de Asociacións Veciñais solicita maior presenza de efectivos da Policía Local “que velen polo cumprimento da normativa, e de que os propietarios de mascotas paseen con ellas sen que estas circulen soltas”.

O colectivo pide que se sancione a aqueles veciños que non cumpran coa normativa “en aras de preservar unha contorna e circunstancias de adecuada convivencia”.