Skip to main content
Lugo

Gran éxito dos primeiros Vieiros Escolares Seguros de Lugo

Por 25 Xuño, 2022Xuño 28th, 2022Sin comentarios

O concelleiro de Educación do Concello de Lugo, Felipe Rivas, valorou o proxecto piloto de Vieiros Escolares Seguros posto en marcha pola concellería de Educación no colexio de Albeiros durante o último mes e medio de curso escolar. Felipe Rivas valorou como “un éxito” a posta en marcha dos vieiros, e destacou “a boa recepción e a implicación demostrada polas familias e polas nenas e nenos con este proxecto”.

Os Vieiros Escolares Seguros comezaron durante o mes de maio, e mantivéronse ata a fin de curso, reunindo cada mañá a máis de 40 nenas e nenos, un 10% do total de estudantes do centro. “Comezamos no colexio de Albeiros, a modo de proxecto piloto ata final de curso, e para o vindeiro ano continuaremos a expandir os vieiros a máis centros”, declarou o edil de Educación.

“Con esta iniciativa buscamos crear o hábito de ir a pé ao colexio”, explicou o edil de Educación, que engadiu “as distintas iniciativas de calmado de tráfico executadas pola área de Mobilidade nos últimos meses permitiron que este colexio fose un bo escenario para poñer a anadar este proxecto”.

As nenas e nenos participantes puideron realizar dous percorridos, segundo a zona na que residan. O primeiro parte desde a rúa do Xenebro, e continuando pola rúa Illa de Ons, percorrendo a senda peonil habilitada pola área de Mobilidade no pasado verán. O segundo percorrido chega ao centro a través da rúa Illas Canarias. Ambos percorridos contaron con monitoraxe, e permitiron que as nenas e nenos se uniran ao longo do camiño, segundo a súa zona de residencia.

A posta en marcha dos vieiros escolares implica tamén “un cambio nas tendencias da mobilidade, reducíndose o uso do vehículo privado”, explicou o concelleiro de Educación, que afirmou, “continuaremos traballando para levar os vieiros a máis centros de cara ao vindeiro curso e avanzar na eliminación dos problemas de tráfico nas entradas e saídas dos centros de ensino que actualmente podemos ver en Lugo”.