Skip to main content
Lugo

A fachada do Concello de Lugo iluminarase de verde polo Día da Esclerodermia

Por 29 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo, iluminará de verde, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día Europeo da Esclerodermia, 29 de xuño.

A esclerodermia, tamén coñecida como esclerose sistémica, é un grupo de enfermidades raras que implican endurecemento e tirantez da pel. Tamén pode causar problemas nos vasos sanguíneos, os órganos internos e o tracto dixestivo.

A petición foi solicitada pola A Asociación Española de Esclerodermia, unha asociación sen ánimo de lucro constituída o 3 de febreiro de 1995, con ámbito nacional. A Asociación ten como finalidade xenérica promover que se adopten todas as medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas afectadas de esclerodermia e dos seus achegados.