Skip to main content
Lugo

Publicadas as listas das axudas de material escolar do Concello de Lugo

Por 29 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a publicación das listaxes das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos. “Seguimos a traballar na mellora dos tempos deste trámite, que este ano contamos con ter rematado de cara ao inicio do curso escolar”, declarou Felipe Rivas, que engadiu “desde a concellería de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos”.

A concellería de Educación avanza no procedemento que permite ás familias con baixos recursos optar a un dos 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a esta liña de axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do IPREM. En total, achegáronse 668 solicitudes á concellería de Educación neste procedemento.

As listas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, e as persoas que resultaran excluídas por falta de documentación terán de prazo até o 12 de xullo para achegala, antes de elaborar as listas definitivas.