Skip to main content
Lugo

O Pleno de Lugo valorará a validación dun plan que posibilite o desenvolvemento industrial

Por 29 Xuño, 2022Sin comentarios

A área de Sostibilidade Urbana trasladará ao Pleno de mañá a aprobación do Plan Parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-1.I, en Coeses – Cuíña para impulsar a súa expansión industrial.

O concelleiro responsable, Álvaro Santos, explicou que a súa validación definitiva posibilitará a materialización do proxecto empresarial de Novafrigsa dado que permitirá desenvolver urbanisticamente os terreos que rodean a factoría de cara á súa posible ampliación ao tempo que propiciará a creación de novos espazos e dotacións públicas.

O procedemento responde “ao obxectivo do Goberno local de, a través da adaptación dos diferentes instrumentos normativos á realidade territorial e social, facilitar a implantación e o crecemento de iniciativas privadas que tamén reverterán na diversificación económica do municipioxerando emprego e contribuíndo a dinamizar o rural, incrementando o seu atractivo para a realización de investimentos”, subliñou o edil.

Santos Ramos indicou, alén, que a tramitación obrigará, a continuación, á publicación do acordo no DOG, no prazo dun mes dende a súa adopción e á remisión dun exemplar do documento á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento co fin de que o acordo teñan eficacia.