Skip to main content
Lugo

Bocamaos, en Lugo, clausura cunha festa o programa de animación social

Por 30 Xuño, 2022Sin comentarios

O centro de dinamización de Bocamaos, no Concello de Lugo, acolleu onte unha animada festa de clausura que puxo o broche de ouro ao programa de animación social 2021 – 2022, unha iniciativa impulsada polo Goberno de Lara Méndez da que se beneficiaron durante este curso máis dun centenar de maiores do rural.

A alcaldesa de Lugo, que estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Olga López e o edil de Medio Rural, Miguel Fernández, destacou que “se trata dun programa municipal moi demandado, e tamén dos que nos producen moita satisfacción xa que redunda directamente na mellora da calidade de vida e na saúde dos nosos maiores”.

A rexedora quixo destacar que este programa “ofreceu aos nosos maiores ferramentas que lles permitiron levar a cabo actividades físicas destinadas ao seu benestar e aproveitando estes magníficos centros de dinamización”.

Desde o pasado mes de marzo, dous días á semana, as persoas participantes tiveron a oportunidade de asistir a clases guiadas de ximnasia, pintura ou ioga. E, non menos importante, “estas sesións tiveron como aliciente o poder relacionarse con outras persoas, contribuíndo así a evitar situacións de illamento e de soidade” sinalaba Racamonde. Por todo iso, tratouse dunha iniciativa que fomentou a convivencia e tamén hábitos saudables entre os seus numerosos beneficiarios e beneficiarias.

Tras esta clausura, o Consistorio ten previsto retomar esta iniciativa tras o período estival, poñendo así novamente ao dispor do colectivo os medios para que poidan realizar semanalmente, e guiados por profesionais, exercicio moderado, e artes plásticas