Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Os segredos da cociña romana, os sábados, na Domus do Mitreo

Por 30 Xuño, 2022Agosto 28th, 2022Sin comentarios

A programación estival especial do Museo Universitario A Domus do Mitreo O Verán na Domus ofrece obradoiros culinarios para toda a familia os sábados dos meses de xullo e agosto. As actividades didácticas complementarias previstas para a época estival teñen unha duración de 30 minutos e desenvolveranse os sábados, a partir das 11.30 horas.

As persoas interesadas poden participar de balde coa adquisición da entrada ou tamén teñen a posibilidade de formalizar a súa inscrición con antelación, de luns a venres, en quenda e 9.00 a 14.00 horas, a través do enderezo de correo electrónico mitreo.lugo@usc.es ou no número de teléfono móbil 610323926.

A actividade Culina! Unha cociña na Domus permitirá achegar os segredos da antiga cociña de Roma a todas as persoas participantes. Así, logo de realizar unha visita guiada ao xacemento e tras participar nunha actividade de arqueoloxía experimental deseñada para todos os públicos. O Verán na Domus ofrece tamén a posibilidade de mergullarse na tradición culinaria do mundo romano a través da elaboración dunha versión actualizada da receita Sales conditos ad multa, unha proposta xa recollida no receitario de Apicius De re coquinaria.