Skip to main content
Lugo

O BNG lamenta o non do PP á creación dun xulgado de Violencia de Xénero en Lugo

Por 30 Xuño, 2022Sin comentarios

Olalla Rodil, viceportavoz do BNG no Parlamento de Galicia e deputada por Lugo, lamentou a postura mantida polo grupo do Partido Popular no Parlamento ante a proposta do BNG para instar ao Estado á creación dun xulgado específico de Violencia de Xénero en Lugo. Olalla Rodil afirmou que “os deputados do PP terán que explicar á veciñanza de Lugo as razóns polas que negan este servizo fundamental para as vítimas de violencia machista”.

A deputada do BNG afimou que “o BNG continuará a traballar para que Lugo conte con este xulgado, a pesar dos atrancos postos polo PP”, e destacou que esta é “unha reclamación histórica non só do BNG senón do movemento feminista de Lugo”.

O BNG aposta pola comarcalización do servizo e que, esta dependencia xudicial acollese todos os casos que se produzan en Lugo, permitindo que a atención se poida realizar nunha instalación próxima ás vítimas para reducir a perturbación que o proceso xudicial implica.

“Desde o BNG temos claro que as veciñas e veciños de Lugo temos que contar cos mellores servizos, especialmente na loita contra a violencia machista”, destacou Rodil.