Skip to main content
Monterroso

A CIG denuncia o peche da vivenda comunitaria de Monterroso feito “con aleivosía”

Por 1 Xuño, 2022Xuño 16th, 2022Sin comentarios

A CIG Lugo – A Mariña denunciou, ao igual que fixo o PSdeG de Monterroso, o peche da vivenda comunitaria da localidade e o despedimento das dúas traballadoras deste servizo.

Onte, 31 de maio, foi o último día no que estivo aberto este centro e, segundo denuncia o sindicato, o Concello comunicou ás traballadoras este peche tan só un día antes.

Para a CIG, este peche, en principio temporal, prodúcese “de forma absolutamente opaca e con aleivosía” posto que o Concello non informou ao respecto ás traballadoras do servizo “malia que levan, desde hai tempo, procurando o desmantelamento do servizo”.

O motivo real do peche do servizo é “desfacerse das traballadoras”. Así o considera a CIG logo de lembrar que o persoal do servizo tiña presentado, nos últimos anos, varias denuncias por recoñecemento de categoría profesional e reclamando a súa condición de Persoal laboral indefinido.

“A mala fé da actuación do goberno municipal demostrase coa conducta escapista mantida nos
últimos meses onde non ten repostado ao Comité de Empresa a respecto da situación do servizo e das traballadoras, e cando ten publicamente en resposta ás denuncias públicas da CIG teñen negado o peche do servizo”, conclúe a CIG.