Skip to main content
Monterroso

Os veciños de Monterroso poderán pedir dende o luns permiso para as queimas de San Xoán

Por 11 Xuño, 2022Sin comentarios

O Goberno local de Monterroso vén de publicar un bando de alcaldía en torno ás cacharelas de San Xoán.

Para poder realizar unha fogueira é preciso pedir permiso no Concello, entre o 13 e o 20 de xuño en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Segundo explica o Goberno local, para tramitar os permisos é preciso comunicar os datos da persoa responsable do mesmo , nome e apelidos, número de DNI, enderezo e lugar onde se localizará a cacharela.