Skip to main content
Navia de Suarna

A Deputación cede máis dun cento de libros ao CAM de Navia de Suarna

Por 28 Xuño, 2022Sin comentarios

Ante a próxima entrada en funcionamento do Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna, o Servizo de Publicacións remitirá ao centro un lote con máis dun cento de libros, que estarán disponibles para usuarias e usuarios.

Trátase de obras editadas polo Servizo de Publicacións e outras iniciativas editoriais coas que se colaborou desde a área de Cultura, na súa maioría obras de temática histórica, etnográfica, patrimonial, literaria ou artística coas que se creará unha biblioteca, da mesma maneira que se ven facendo no resto dos CAM da rede provincial en funcionamento – Trabada, Ribadeo, Pol, Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira-.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro explicou que “este material de lectura complementan os recursos dos que dispoñen os centros para ofrecer a usuarios e usuarias actividades culturais e lúdicas que contribúan ao seu benestar e ao mantemento das súas capacidades cognitivas”.